Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expedientes: 23/27, 17/26a, 4/25, 17/26b, 17/26c.

2. Obxecto dos contratos e orzamentos de licitación.

a) Descrición do obxecto: a execución das seguintes obras/subministración:

1) Acondicionamento da rúa Landín Carrasco, 1ª fase. 111.817,56 euros.

2) Pavimentación de vías municipais en Cariño e Sismundi. 27.705,19 euros.

3) Subministración de marquesiñas para vías públicas do Concello de Cariño, 2002. 16.976,19 euros.

4) Pavimentación de vías municipais en Cariño e Reboredo. 38.206,32 euros.

5) Pavimentación en vías municipais en Cariño, Figueiroa, Sismundi, Landoi e Feás. 39.179,79 euros.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): tres/tres/un/tres/tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño. Praza da Pulida s/n, 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64, fax: 981 40 50 29.

6. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación requirida presentarase tal como se indica no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que terán que rexe-la contratación por concurso, con procedemento aberto, das obras, ou o punto 8 do de subministración (se é o caso), incluídas en plans provinciais (BOP nº 78, do 4-4-2001).

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño (rexistro xeral). Praza da Pulida s/n, 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 89 do TR da LCAP).

8. Apertura das ofertas.

Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

9. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cariño, 12 de xuño de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde