Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía 271/2002, con data do 20 de maio de 2002, aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de actuación e a determinación do sistema de actuación de compensación con relación á parcela de 4.799 m, sita no lugar de Carrio, parroquia de Bergondo deste concello e propiedade de Rías de Bergondo, S.A.

En cumprimento do dito acordo, e de conformidade co disposto nos artigos 121.1º, 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Urbanismo e Secretaría do Concello de Bergondo (estrada da Coruña-Ferrol, nº 12) e formula-las alegacións que xulguen oportunas mediante escrito que presentarán no rexistro xeral do concello.

Bergondo, 22 de maio de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente