Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de contrato de servicios.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación dos servicios: limpeza do CEIP San Xoán de Becerreá expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación, se ben esta se aprazará no suposto de producírense reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Servicio de limpeza do CEIP San Xoán de Becerreá.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: 2 anos.

3. a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.519,72 A, IVE incluído e anuais.

5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá, avenida Madrid, número 2, 27640 Becerreá (Lugo).

Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto III.2.1.d) do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado documentación administrativa, co contido sinalado no punto III.2.1 do prego.

Sobre B, subtitulado referencias técnicas, co contido sinalado no punto III.2.2 do prego.

Sobre C, subtitulado proposición económica, redactada conforme o modelo sinalado no punto III.2.3 do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá, avenida de Madrid, número 2.

d) O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítense a formulación de variantes en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán de ofertarse segundo se establece na cláusula III.2.2 do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 11 de xuño de 2002.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente