A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 21 de maio de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de saneamento xeral e mellora do medio urbano nas rúas Valle Inclán e Gardas (tramo avenida da Coruña-avenida de Madrid). Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado saneamento xeral e mellora do medio urbano nas rúas Valle Inclán e Gargas (tramo avenida da Coruña-avenida de Madrid).
d) Prazo de execución: catro meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: o importe total do contrato é de 555.574,59 euros, non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.
5. Garantía.
Provisional: 11.111,49 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e CP: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e) e grupo G, subgrupo 6, categoría d).
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: 1.018,38 euros, que serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 5 de xuño de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente alcalde, delegado de área