Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador en materia de caza C-73/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta Caixa Galicia cuenta contable 840. Código 001 ou en Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción deberá utiliza-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 6 de maio de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-73/2001.

Denunciado: Cosme Santomé Insua.

DNI: 33318077.

Enderezo: Lugar de Folgueiras, nº 20, San Simón. Vilalba. Lugo.

Feitos imputados: non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva (seguro obrigatorio para o cazador), aínda sendo titular dela. Feitos constatados o día 17-11-2001, ás 17.45 h no couto LU-10.028 San Simón-Samarugo. Vilalba. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.