Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial (E.S.C.A. 20/02-LU), devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro de 2002), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructor deste procedemento a Luis Quiroga Arnal, e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 13 de maio de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.C.A. 20/02-LU.

Denunciado: Corsán-Corvián.

DNI: A-82.807.744.

Enderezo: praza Almirante Romay, nº 6-7º D. A Coruña.

Feito denunciado: a empresa Corsán-Corvina está a realizar un abandono, vertedura ou eliminación incontrolada de mestura de residuos industriais e perigosos (aceites usados, filtros-catalogados co código 13 02 03 como residuos perigosos, segundo o Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o Catálogo de residuos de Galicia).

Precepto sancionador: artigo 34.3.l) da Lei 10/1998, de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción: 30.050,61 euros.