Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.348

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

SUBMINISTRACIÓN de consumibles informáticos.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la subministración sucesiva de consumibles informáticos.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 2 de xullo de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ou a través da Internet no seguinte enderezo: www.sergas.es/contratación, ata o 2 de xullo 2002 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO

ECONÓMICO