A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la realización dunha enquisa de satisfacción ós usuarios.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 3 de xullo de 2002 (incluído).
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ata o 3 de xullo 2002 (incluído) ou no teléfono 981 54 64 31.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.
Rosa Álvarez de Blas
Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061