Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.348

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

CONCURSO para a contratación de director xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Eonómico (Inorde).

No BOP de Ourense nº 130, do día 8 deste mes, publícanse íntegras as bases do concurso para a contratación laboral temporal, como persoal de alta dirección conforme o Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e polo prazo de 5 anos, de director xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organismo autónomo administrativo dependente da deputación provincial. As solicitudes e a documentación que hai que presentar entregaranse nas oficinas do Inorde; r/ Progreso, 28-Ourense, durante o prazo dun mes a partir da publicación este anuncio no DOG.

Información: no Inorde, no enderezo antes mencionado, ou no teléfono: 988 39 10 85 ou fax: 988 39 19 62.

Ourense, 10 de xuño de 2002.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico