Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 7 deste mes, acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Corgo e a súa exposición ó público durante un mes, que se contará desde o día seguinte ó da última publicación deste edicto no xornal El Progreso ou no Diario Oficial de Galicia.

As persoas que o desexen poderán consulta-lo citado documento nas dependencias da casa do concello, en horario de atención ó público, e poderán formular

cantas reclamacións ou alegacións coiden oportunas, durante o prazo de información pública indicado.

De conformidade co establecido no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias en todo o termo municipal.

O Corgo, 7 de xuño de 2002.

José A. Ferreiro González

Alcalde

Marco A. García-Gabilán Sangil

Secretario