Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso urxente para a contratación das obras do proxecto básico e de execución para instalar colectores de lixo subterráneos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: referencia 1433.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a contratación, mediante concurso urxente, das obras do proxecto básico e de execución para instalar colectores de lixo subterráneos (RSU).

b) Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematados no prazo de 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 670.587,14 A, IVE incluído.

5. Fianzas.

a) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Negociado de Infraestructuras.

b) Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo C, subgrupos 2, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 5, do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

d) Localidade: Ourense.

e) Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 15 de maio de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde