Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de exposición pública.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o un de xuño deste ano, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cariño, no que afecta a zona Lagoa-Barreiros, de maneira que nela se permita un uso docente e deportivo, de acordo coa proposta redactada o 21-5-2002, por Alfredo Garrote Pazos, arquitecto redactor do PXOM.

O que se fai público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de reclamacións e alegacións, que ademais se publicará nun xornal de tiraxe provincial.

Cariño, 3 de xuño de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde