Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 de xuño de 2002 pola que se prorroga a declaración provisional das seguintes zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Ó abeiro das competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia ten en materia de conservación da natureza foi regulada a figura do espacio natural en réxime de protección xeral, mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio.

A Consellería de Medio Ambiente, facendo uso da facultade outorgada polo artigo 6º do devandito Decreto 82/1989, declarou provisionalmente como espacios naturais en réxime de protección xeral os que conforman a proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria mentres a Unión Europea non se pronunciara definitivamente sobre esta relación.

Transcorrido o prazo dun ano sen que a Unión Europea emitise o seu pronunciamento, cómpre prorroga-lo réxime de protección das seguintes zonas por outro ano máis.

En consecuencia, e de acordo co establecido no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía para Galicia e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de conservación da natureza, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Prorrogar por un ano a declaración provisional dos espacios enumerados no anexo da Orde do 7 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño) como espacios naturais en réxime de protección xeral, nos mesmos termos que figuran na devandita orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente