Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se crea o couto de pesca intensiva da Ulloa no río Ulla.

O capítulo II do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), establece no seu artigo 12 a clasificación dos coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas, entre os que recolle no seu punto b) os coutos de pesca intensiva.

Tendo en conta o artigo 15 de Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, que establece o procedemento de creación dos coutos de pesca fluvial.

Tendo en conta que no expediente remitido pola Delegación Provincial de Lugo consta a seguinte documentación:

-O plan de xestión de recursos piscícolas.

-A proposta do Servicio Provincial de Conservación da Natureza.

-O proceso de información pública iniciado no Diario Oficial de Galicia nº 67, do 8 de abril de 2002, que concluiu sen se ter presentado alegacións.

-O informe favorable do Comité Provincial de Pesca Fluvial incluído na acta da xuntanza extraordinaria do 25 de abril de 2002.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, ó abeiro do artigo 15.2º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, resolve aproba-la creación do couto de pesca intensiva da Ulloa nos seguintes termos:

Couto: A Ulloa.

Concellos: Monterroso e Antas de Ulla.

Límite superior: presa de Parteme.

Límite inferior: Ponte Pedriña na estrada Lugo/Pontevedra.

Km: 2,34.

Categoría: pesca intensiva.

Número de permisos: 20 por día.

Cota por pescador e día: 15 troitas.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE