Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 22 de maio de 2002 pola que se declara a alienabilidade dun predio pertencente ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de San Fiz e Santo André de Illobre (número 554), Vedra-A Coruña.

Por acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de San Fiz e Santo André de Illobre, Vedra-A Coruña, en data do 24 de setembro de 1996, pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da zona de concentración parcelaria de referencia, entre as que se atopa o predio nº 554.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do dito ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe: predio nº 554 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz e Santo André de Illobre, municipio de Vedra, que ten unha superficie de 6.370 m, que estrema: norte, Carmen Tato Collazo (555) e outros propietarios (557, 558-1, 558-2, 559 e 560); sur, zona excluída; leste, zona excluída; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1, no tomo 1.267, libro 121, folio 178, predio nº 13.222.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural