Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 2002 pola que se lle autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado San Fermín de Caldas de Reis (Pontevedra).

Examinada a solicitude formulada polo titular do centro privado San Fermín de Caldas de Reis (Pontevedra), que solicita deixar de imparti-lo ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo.

O devandito centro conta con autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas segundo as resolucións do 12 de xuño de 1998 (DOG do 2 de xullo) e do 17 de xuño de 1999 (DOG do 14 de xullo).

O expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que o dito centro pretende a substitución do ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas polo de equipos electrónicos de consumo para atende-la demanda existente na zona e que os devanditos ciclos pertencen á mesma familia profesional.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Fermín de Caldas de Reis para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo.

Segundo.-Suprimi-lo ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas con efectos do 31 de agosto de 2003 para posibilitar que os alumnos que cursan este ciclo formativo poidan

remata-los seus estudios, quedando a composición resultante segundo os datos do anexo.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Caldas de Reis.

Localidade: Caldas de Reis.

Domicilio: Fermín Mosquera, 15.

Código do centro: 36000417.

Denominación: centro privado San Fermín.

Titular: Fundación Fermín Mosquera-PP. Somascos.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL