Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 22 maio de 2002 polo que se declara a alienabilidade de dous predios da Comunidade Autónoma de Galicia pertencentes ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Fontecada (números 1.431 e 1.436).

Por acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de San

Martiño de Fontecada, en data 8 de maio de 2000, pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre as que se atopan os predios nº 1.431 e 1.436.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade dos mencionados bens inmobles, procede declara-la súa alienabilidade, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxeto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 1.431 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Martiño de Fontecada, municipio de Santa Comba, que ten unha superficie de 18.010 m, que estrema: norte, Francisco Fernández Ramos (1.370) e José Carreira Ramos (1.371); sur, camiño; leste, camiño; oeste, Florinda Capelo Maneiro (1.433). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 1.027, libro 192, folio 198, predio nº 19.898.

-Predio nº 1.436 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Martiño de Fontecada, municipio de Santa Comba, que ten unha superficie de 38.710 m, que estrema: norte, camiño; sur, Domingo Calvelo Maceiras (1.442); leste, Hermosinda Ponte Riveiro (1.439), Dolores Santos Maceiras (1.440) e José Ponte Riveiro (1.441); e oeste, José Landeira Grille e outro (1.435). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 1.027, libro 192, folio 200, predio nº 19.900.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural