Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/114).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Estorrentada.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al:

-De 204 m de lonxitude, coa orixe na liña A Telva-Sigrás e final no C.T. Pena da Nosa Señora na urbanización A Picota, para instalar.

-De 561 m de lonxitude, coa orixe no C.T. Pena da Nosa Señora e final no C.T. Residencial Eira de Arriba na Estorrentada, para instalar.

Centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, un na urbanización A Picota e outro no Residencial Eira de Arriba. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña