Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/168-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento praza do Berbés.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña SDM 7.04 entre os CC.TT. Laxe e Torrecedeira I, alimentando en bucle ó centro de seccionamento proxectado na praza do Berbés, no concello de Vigo, rematando na mesma liña. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña SDM 7.10, entre os CC.TT. mercado do Berbés e A Paz, alimentando en bucle ó centro de seccionamento que se proxecta na praza do Berbés, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con 7 celas CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra