Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/104).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.

Denominación: interconexión Silvoso-Portodoso-Pedrouzos-Salgueiras 1ª fase.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: -L.M.T. aérea a 15/20 kV de 2.518 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Silvoso e final no apoio nº 22 desta liña 1ª fase. -Ramal de 34 m de lonxitude que parte do apoio nº 11 da L.M.T. anterior e final no C.T. aéreo de Portodoso de 50 kVA. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña