Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/200 modificado 1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1. L.M.T. Santa Comba-Castriz-Sabaceda.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: modificado 1 da instalación para realizar denominada L.M.T. Santa Comba-Castriz-Sabaceda, variando na derivación de L.M.T. a C.T. San Salvador, a un só van de 186 m de lonxitude, apoio de formigón e conductor LA-56, seguido de tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e final no C.T. San Salvador, para instalar.

Centro de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA, de dúas celas de liña e cela de protección, tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Salvador.

As demais instalacións que prevé o proxecto primeiro, denominado L.M.T. Santa Comba-Castriz-Sabaceda, mantéñense. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña