Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.224

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (187/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 187/2002, seguidos por instancia de José González Rodríguez contra a empresa Codina Moragues, Juan, sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia cun encabezamento e dictame que di:

«Sentencia: na cidade de Lugo o catorce de maio de dous mil dous. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos dimanantes de xuízo verbal número 187/2002, sobre despedimento, no que son partes como demandante José González Rodríguez, representado polo graduado social Rafael Vila Pereiro e como demandado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non comparece a empresa codemandada Codina Moragues, Juan pese a estar citada en legal forma.

Dictamino que estimando a demanda interposta por José González Rodríguez sobre despedimento contra a empresa Codina Moragues, Juan debo declarar e declaro a improcedencia deste e, en consecuencia, debo condenar e condeno á dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión do traballador demandante ou o aboamento dunha indemnización de cincocentos corenta e un euros con trinta e tres céntimos de euro (541,33 euros), entendéndose que de non opta-lo empresario pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira, e, ademais, nun e noutro caso, o pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (11-2-2002) ata a do 2 de marzo de 2002, a razón de 27,34 euros diarios de soldo, e que ascenden á suma de cincocentos dezanove euros con corenta e seis céntimos de euro (519,46 euros).

Absólvese ó Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa ulterior e eventual responsabilidade subsidiaria en caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada xuíza que a subscribe, encontrándose celebrando audiencia pública no día da data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Codina Moragues, Juan, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no diario oficial da comunidade autónoma.

Lugo, 14 de maio de 2002.

Rubricado