Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.223

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4517/2002).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora Irene Cabrera Rodríguez en nome e representación de Ana María Suárez Nieto contra acordo do Concello da Illa de Arousa do 14-2-2002, polo que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (DOG nº 42, do 27 de febreiro).

Recurso número: 2/0004517/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non tendo sido emprazadas persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeran con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, trece de maio de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria