Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, a Fernando Cabo Aseguinolaza (praza 1865/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de agosto de 2001 (BOE do 13 de setembro) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, a Fernando Cabo Aseguinolaza, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Cabo Aseguinolaza catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela