Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de biblioteconomía e documentación, do departamento de Humanidades, a María José Ordóñez Vergara.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado

por resolución desta universidade do 6 de xullo de 2001 (BOE do 28 de xullo), para a provisión da praza nº 01/023 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de biblioteconomía y documentación, departamento de Humanidades desta universidade, a favor de María José Ordóñez Vergara, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María José Ordóñez Vergara, profesora titular de universidade da área de coñecemento de biblioteconomía e documentación, do departamento de Humanidades, desta universidade.

A Coruña, 22 de maio de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña