Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.138

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xuño de 2002 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Formación e Xestión Galega.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Formación e Xestión Galega, con domicilio na Co-

ruña.

Supostos de feito:

1. Juan Carlos Prado Patiño, en calidade de presidente da fundación, en escrito do 3 de maio de 2002, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ordes, o día 2 de maio de 2002, ante o notario Jesús María Rodríguez Vázquez, co número catrocentos do seu protocolo por Juan Carlos Prado Patiño, Carlos Luis Sieira Romero, Juliana Pastora Romero Vázquez e María Aurora Patiño Rial; interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é cubrir necesidades sociais a todo tipo de colectivos, a formación e consultoría en tódolos seus ámbitos: ocupacional, profesional, regrada e orientación laboral ou profesional.

4. O padroado da fundación estará integrado por Juan Carlos Prado Patiño como presidente, Carlos Luis Sieira Romero como secretario e Juliana Pastora Romero Vázquez e María Aurora Patiño Rial como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Formación e Xestión, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de intese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Asuntos Sociais.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulameto de organización e funcionamento do

protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xenerais na súa reunión do día 4 de xuño 2002.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social a Fundación Formación e Xestión Galega adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública