Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-443).

Por resolución desta Alcaldía 3080/2002, con data do 24 de maio de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do PERI 12, en Pousada-Oleiros, tramitado por Francisco J. González Pérez.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 31 de maio de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta