Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-429).

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 25 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da U.E.-35 Villa Echeverry, en Perillo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte á súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Contra esta resolución tamén poderá interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 7 de maio de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta