Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a redefinición das ordenanzas e o seu ámbito de aplicación no PERI de Punta Promontoiro de marzo de 1999.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio de 2002, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a redefinición das ordenanzas e o seu ámbito de aplicación no PERI de Punta Promontoiro de marzo de 1999, por instancia da empresa Reganosa de acordo co documento redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro de marzo de 2002.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-la reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a adopción do acordo plenario anterior determina por si só a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada pola presente modificación, non podendo exerce-la devandita suspensión do prazo máximo dun ano, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación. O que se fai público en cumprimento do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 3 de maio de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde