Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 15 de abril de 2002, aprobou definitivamente a modifi

cación puntual do Plan parcial das Fontiñas, nos ámbitos dos polígonos 6-7, redactada polos servicios técnicos de Emuvissa.

O texto íntegro da normativa urbanística será publicado no BOP.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo