Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía do 24-4-2002 aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto da obra de mellora de capa de rodadura de camiño rural nas Areas-Sambade o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación aprazarase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Importe da licitación: 83.946,27 A.

Prazo da obra: catro (4) meses.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días, contado desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 14 de maio de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde