Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de adxudicación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número de expediente: 02/1-1 con. asist. serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia ó Concello de Cambre para a redacción de proxectos de obras, dirección técnica destas e execución da expropiación dos bens e dereitos afectados para a súa execución.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: BOP nº 33, do 8 de febreiro e DOG nº 35, do 18 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Por redacción de proxectos: 4% sobre o orzamento de execución material da obra.

b) Por redacción de proxectos baseados nunha memoria valorada: 3% sobre o orzamento de execución material da obra.

c) Por dirección de obras: 4% sobre o orzamento de execución material da obra.

d) Por dirección de obras cando tamén se redactase o proxecto: 2,4% sobre o orzamento de execución material da obra.

e) Por asistencia na tramitación de expedientes expropiatorios: 4% sobre a valoración dos bens ou dereitos expropiados, realizada polo adxudicatario e conformada polos técnicos municipais.

5. Adxudicación.

a) Data: 26-4-2002.

b) Contratista: Ingeniería Civil, Energías Alternativas y Acuicultura, S.A. (Iceacsa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

-Por redacción de proxectos: 3,86% sobre o orzamento de execución material da obra.

-Por redacción de proxectos baseados nunha memoria valorada: 2,90% sobre o orzamento de execución material da obra.

-Por dirección de obras: 3,86% sobre o orzamento de execución material da obra.

-Por dirección de obras cando tamén se redactase o proxecto: 2,32% sobre o orzamento de execución material da obra.

-Por asistencia na tramitación de expedientes expropiatorios: 4% sobre a valoración dos bens ou dereitos expropiados, realizada polo adxudicatario e conformada polos técnicos municipais.

Cambre, 13 de maio de 2002.

P.D. (Resolución 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde