Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Esta alcaldía, no día de hoxe dictou a resolución que a continuación e de forma sucinta se transcribe:

«Decreto da alcaldía nº /2002 do libro de resolucións de contratación e patrimonio.

Xosé Clemente López Orozco, alcalde do Concello de Lugo.

Lugo, once de xuño de dous mil dous.

Asunto: corrección de erro no anuncio relativo á contratación da prestación de servicios de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais».

Advertidos erros de transcrición (mecanográficos) nos anuncios publicados con motivo da contratación dos servicios de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais, que tiveron lugar no Diario Oficial das Comunidades Europeas o día 7 de maio de 2002, no BOP de Lugo o día 13 de maio de 2002, no Boletín Oficial del Estado o 15 de maio de 2002 e no Diario Oficial de Galicia do día 4 de xuño de 2002.

E visto así mesmo:

1. Artigo 105. 2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que sinala que as administración públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio, ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

2. Tendo en conta as circunstancias que concorren e co fin de que as empresas interesadas poidan realiza-los axusten que consideren oportunos na súa oferta para acomodalas ó prazo de duración do contrato indicado nos respectivos anuncios de licitación.

3. Vista, así mesmo, a necesidade de que esta corrección e ampliación do prazo de presentación de proposicións, sexa publicada antes de que finalice o prazo fixado inicialmente para o día 17 de xuño de 2002, faise necesario avocar, con base no artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a competencia da Comisión de Goberno, en materia de contratación para este expediente concreto.

Por todo o cal esta alcaldía en uso das facultades que me conceden os artigos 61.1º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, 21.1º da Lei 11/1999, do 21 de abril de modificación da Lei 7/1985,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la corrección dos erros advertidos nos anuncios de licitación do concurso convocado para a prestación dos servicios de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais, no epígrafe, «2. Obxecto do contrato», xa que onde di:

«e) Prazo de duración: o prazo máximo de duración do contrato será de catro anos prorrogables».

Debe dicir:

«2. Obxecto do contrato.

e) Prazo de duración: o prazo máximo de duración do contrato será de dous anos prorrogables ata un máximo de catro».

Segundo.-Avocar puntualmente a competencia delegada na Comisión de Goberno en materia de contratación, en canto á ampliación do prazo de presentación de proposicións para o concurso convocado para a prestación do servicio de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais, que estaba fixada para o día 17 de xuño de 2002 e, en uso da competencia avocada, aproba-la ampliación do devandito prazo en 10 días naturais, ata o 27 de xuño de 2002, inclusive.

Terceiro.-Proceder á publicación da presente resolución nos diarios e boletíns oficiais, nos que se publicaron os anuncios iniciais, para xeral coñecemento.

Cuarto.-Dar conta da presente resolución á Comisión de Goberno para os efectos oportunos».

José Clemente López Orozco

Alcalde