Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-231/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sanciona

dora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 6 de maio de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-231/2001.

Denunciado: Luis de Saa Corbillón.

DNI: 34912560.

Enderezo: rúa Ramón Puga Noguerol, Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nunha zona vedada ó facelo entre as desembocaduras dos ríos Lama e Enviande. Feitos constatados o día 7-10-2001, ás 13.45 h no río Miño-encoro de Belesar, Pedrafita, Chantada, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE