Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 17 e 27/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

Nome: José Manuel Ansede Queija.

DNI: 33328659.

Nº de expediente: LU-E 17/2002.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.

Último domicilio: rúa Plácido Peña, 77-2º, Vilalba.

Sanción: 240 euros.

Nome: Manuel Rodríguez López.

DNI: 33343517.

Nº de expediente: LU-E 27/2002.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992.

Último domicilio: avda. Coruña, 474-6º C, Lugo.

Sanción: 90 euros.

Contra esta resolución poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser presentado este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións, que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do

Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 28 de maio de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo