Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 138/2002 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase a seguir.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de Negociado, Constantino Alvar Cabido, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá

ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Inte

rior e Relacións Laborais de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 28 de maio de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Sanción

Javier Álvarez López33810169LU-E 138/200226 d) LO 1/1992 Lousadela, 7, SarriaAta 300,51 euros

Javier Álvarez López33810169LU-E 178/200226 e) LO 1/1992 Lousadela, 7, SarriaAta 300,51 euros

Adalicia SueroX-19980868-QLU-E 127/200223 e) LO 1/1992 Calvo Sotelo, 199-6º C

Sarria

Ata 1.502,53 euros e clausura do establecemento polo período de 2 meses

Sonia Meléndez Mitre10865716LU-E 160/200226 e) LO 1/1992 R/ Ingeniero Schultz

Ribadeo

Ata 300,51 euros