Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 28 de maio de 2002 de adxudicación da contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario de 2001 do ente público Portos de Galicia, polo procedemento de concurso público aberto e trámite ordinario.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: 4-002037.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario de 2001 para o ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 76, do 19 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.030,36 A (IVE engadido).

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de maio de 2002.

b) Adxudicatario: Pricewaterhousecoopers Auditores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 17.700 A (IVE engadido).

6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Non obstante, poderá optarse por interpoñer contra esta resolución recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aprobase o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público de Portos de Galicia