Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica para o estudio de deseño e implantación dun plan de coordinación do transporte urbano e interurbano nas sete principais aglomeracións urbanas de Galicia, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o estudio de deseño e implantación dun plan de coordinación do transporte urbano e interurbano nas sete principais aglomeracións urbanas de Galicia.

b) Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado 841.417 euros (IVE incluido).

5. Garantías.

Provisional: 16.828,34 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da C.P.T.O.P.V.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas na páxina da Internet www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1.350.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos:

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante declaración responsable do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúan obxecto, importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles. Como criterio de selección, para poderen optar á presente contratación os licitadores deben mostrar unha experiencia mínima derivada da realización de alomenos un traballo en materia de ordenación do transporte.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: c/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura da documentación xeral (sobre A).

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes, Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar). Localidade: Santiago de Compostela: ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo da presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9, do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 3.000 euros.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes