Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense dependentes desta consellería. (Expediente 3/2002 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 3/2002 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense.

c) Prazo de execución: do 15 de setembro de 2002 ó 15 de setembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 787.708,6 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19, Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1366

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 2 de agosto de 2002, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o día 9 de agosto de 2002, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria