Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquivos, bibliotecas e museos, pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización dos primeiros exercicios da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que os primeiros exercicios da fase de oposición se realizarán:

1. Sección de bibliotecas: día 19 de xullo de 2002, na sala B da Facultade de Económicas; avenida Xoán XXIII, s/n, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 16.30 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 15.30 horas.

2. Sección de arquivos: día 20 de xullo de 2002, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 9.30 horas.

3. Sección de museos: día 20 de xullo de 2002, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 16.30 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 15.30 horas.

Os aspirantes de tódalas seccións deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Xavier Senín Fernández

Presidente do tribunal