Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 4 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, polo que se fan públicas as datas, as horas e o lugar de realización dos primeiros exercicios da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que os primeiros exer

cicios da fase de oposición para as tres seccións se realizarán nas datas, lugar e horas seguintes:

1. Sección de bibliotecas: día 17 de xullo de 2002, nas salas A e B da Facultade de Económicas; avenida Xoán XXIII, s/n, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 16.30 horas.

2. Sección de arquivos: día 18 de xullo de 2002, na sala A da Facultade de Económicas; avenida Xoán XXIII, s/n; Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 10 horas.

3. Sección de museos: día 18 de xullo de 2002, na sala A da Facultade de Económicas; avenida Xoán XXIII, s/n, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 16.30 horas.

Os aspirantes de tódalas seccións deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal