Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se modifica a do 28 de decembro de 2001, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega).

A Resolución do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 7, do 10 de xaneiro de 2002) do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller na súa exposición de motivos establece que as accións incluídas nesta resolución se financiarán con cargo á consignación orzamentaria 14.50.212A.470.0, recollida no orzamento da Comunidade Autónoma que se prorrogue para o ano 2002 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, e o importe global destinado a elas ascende a 1.600.645,49 A (266.325.000 de pesetas).

Coa data do 29 de abril de 2002 foi aprobada polo Parlamento galego a Lei 2/2002, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, consignándose na aplicación referida un crédito de 2.179.098 euros destinados ás ditas axudas, polo que se considera axeitado modifica-la resolución de axudas e subvencións no que respecta á contía establecida para o financiamento, que resulta incrementada ata a cantidade sinalada na Lei de orzamentos do exercicio 2002.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que teño atribuídas

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo parágrafo oitavo da exposición de motivos da Resolución do 28 de decembro de 2001 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega), quedando a nova redacción da forma seguinte:

«As accións incluídas nesta resolución financiaranse con cargo á consignación orzamentaria 14.50.212A.470.0 recollida no orzamento da Comunidade Autónoma que se prorrogue para o ano 2002 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo e o importe global destinado a elas ascende a 2.179.098 A (362.571.400 pesetas)».

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA