Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 2002 que modifica a do 22 de febreiro de 2002, pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

A Orde do 22 de febreiro de 2002, publicada no DOG do 21 de marzo de 2002, convoca axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, co fin de axudar a que eses equipos poidan levar a cabo aqueles proxectos que incidan directamente na promoción do galego nas aulas, durante o curso 2001-2002.

Á vista das solicitudes presentadas polos centros privados (concertados e non concertados) e dado que a citada Orde do 22 de febreiro establece na súa disposición terceira: Esta contía poderá ser aumentada no caso de que exista crédito adecuado e suficiente na correspondente lei orzamentaria,

actualmente en trámite parlamentario, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez publicada a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, e confirmada a existencia de crédito adecuado e suficiente na partida orzamentaria 07.06.353E.471.0, considera que para acada-los obxectivos citados é conveniente amplia-la dotación económica establecida na antedita orde.

Por todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Amplíase a dotación económica establecida na disposición terceira da Orde do 22 de febreiro de 2002 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, ata unha contía total de 60.101 A (sesenta mil cento un euros), con cargo á partida orzamentaria 07.06.353E.471.0, tal e como se fixa na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Segundo.-O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER