En sesión realizada o día 28 de maio de 2002, o tribunal designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.9 da devandita convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 20 de xullo de 2002, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, en chamamento único.
A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas, e os opositores deberán estar presentes ás 10 horas.
Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.
Vicente Ruiz Soldevilla
Presidente do tribunal