Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xuño de 2002, polo que se aproba a creación da relación de postos de traballo da Consellería de Asuntos Sociais.

O Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo único crea a Consellería de Asuntos Sociais. O Decreto 310/2001, do 17 de decembro, no artigo 13 fixa a estructura orgánica superior desta nova consellería, posteriormente desenvolvida polo Decreto 402/2001, do 28 de decembro (DOG nº 251, do 31 de decembro).

Todo isto fai necesario aproba-la correspondente relación de postos de traballo da Consellería de Asuntos Sociais.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la creación da relación de postos de traballo da Consellería de Asuntos Sociais, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

AS.C01.00.000.15770.001

AS.C02.00.000.15770.001

AS.C03.00.000.15770.001

AS.C04.00.000.15770.001

AS.C99.10.000.15001.001

AS.C99.10.000.27001.001

AS.C99.10.000.32001.001

AS.C99.10.000.36560.001

Xefe de secretaría do/a conselleiro/a

Secretario/a do/a secretario/a xeral

Secretario/a do/a director/a xeral

Secretario/a do/a director/a xeral

Secretario/a do/a delegado/a

Secretario/a do/a delegado/a

Secretario/a do/a delegado/a

Secretario/a do/a delegado/a

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

AS.C02.00.001.15770.012

AS.C02.00.002.15770.011

AS.C99.10.000.27001.111

AS.C99.10.000.36560.111

Xefe de Sección de Habilitación de Nóminas

Xefe de Sección de Administración e Habilitación

Xefe de Negociado e Habilitación

Xefe de Sección de Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

AS.C02.00.002.15770.021

AS.C02.00.002.15770.022

AS.C02.00.002.15770.023

AS.C02.00.002.15770.024

Inspector Servicios Sociais

Inspector Servicios Sociais

Inspector Servicios Sociais

Inspector Servicios Sociais

Postos de confianza e especial responsabilidade atendendo ás funcións inspectoras así como ás de proposicións de medidas cautelosas sancionadoras.

AS.C99.10.000.27001.125

AS.C99.10.000.36560.135

Xefe de Servicio de Apoio e Seguimento.

Xefe de Servicio de Apoio e Seguimento.

Postos de confianza e especial responsabilidade atendendo ás funcións de apoio e cobertura das ausencias dos xefes de servicio da delegación e dos directores dos centros sociais e residencias de maiores.

AS.C99.40.201.15001.001

AS.C99.40.303.15001.001

AS.C99.40.301.15190.001

AS.C99.40.302.15350.001

AS.C99.40.301.15570.001

AS.C99.40.301.15660.001

AS.C99.40.301.15770.001

AS.C99.40.302.27001.001

AS.C99.40.303.27001.001

AS.C99.40.301.27085.001

AS.C99.40.301.27300.001

AS.C99.40.201.27560.001

AS.C99.40.301.32001.001

AS.C99.40.302.32001.001

AS.C99.40.301.32190.001

AS.C99.40.301.32230.001

AS.C99.40.302.36001.001

AS.C99.40.301.36170.001

AS.C99.40.302.36260.001

AS.C99.40.201.36440.001

AS.C99.40.302.36560.001

AS.C99.40.303.36560.001

Director centro educativo

Director-administrador

Director-administrador

Director residencia de maiores

Director residencia de maiores

Director-administrador

Director residencia de maiores

Director residencia de maiores

Director residencia de maiores

Director-administrador

Director-administrador

Director do CAMP

Director-administrador

Director residencia de maiores

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director do CAMP

Director residencia de maiores

Director residencia de maiores

Natureza social dos centros.

Postos de especial confianza e responsabilidade derivados do manexo de fondos públicos, funcións directivas de planificación de recursos e control.

Artigo 7.2º b) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 106, do 4 de xuño de 2002).

AS.C99.40.302.15001.001

AS.C99.40.301.15350.001

AS.C99.40.301.27001.001

AS.C99.40.301.36001.001

AS.C99.40.201.36050.001

AS.C99.40.301.36560.001

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Director-administrador

Artigo 7.2º b) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 106, do 4 de xuño de 2002).

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do seis de xuño de dous mil dous, relativo á creación da relación de postos de traballo da Consellería de Asuntos Sociais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que

se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Observacións:

(1) Ocupado por laboral fixo.

(2) Se é persoal laboral dos grupos I, II

(3) Complemento de convenio: 9.564,00

(4) Complemento de convenio: 3.444,00

(5) Complemento de convenio: 5.736,00

(6) Complemento de convenio: 9.564,00

(7) Complemento de convenio: 7.656,00

(8) Media xornada.

(9) Destino en Pontevedra.

(10) Ocupado por funcionario.

(11) Destino en Ferrol.

(12) Destino en Noia.

(13) Con complemento de destino e específico de nivel 14.

(14) Destino na Casa do Mar.

(15) Destino en Lira-Carnota.

(16) Destino en Muxía.

(17) Destino no Barqueiro-Bares.

(18) Destino en Corme.

(19) 21 horas semanais.

(20) Dispoñibilidade horaria.

(21) 18,75 horas semanais.

(22) Funcións de dirección e animación sociocultural.

(23) Funcións de coordinación.

(24) Xornada partida.

(25) Fin de semana.

(26) Destino en Corrubedo.

(27) Destino en Palmeira.

(28) Destino na Residencia de Maiores de Burela.

(29) Destino en Celeiro.

(30) 15 horas.

(31) Posto para amortizar.

(32) Tamén na Residencia-Fogar da Terceira Idade de Marín.

(33) Destino en Celeiro.

(34) 20 horas semanais.

(35) Destino en Aldán (Cangas).

(36) Destino na Guarda.

(37) Destino en Moaña.

(38) Posto para extinguir.