Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros agrónomos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión celebrada o día 5 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros agrónomos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, de 15 de outubro), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros agrónomos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) se realizará o día 20 de xullo de 2002, ás 11 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita na Avda. Dr. Jorge Echeverri (Campus Sur) de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10.30 horas.

Os aspirantes deberán acudir previstos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de lapis nº 2 e goma de borrar. (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do Tribunal