Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 7 de xuño de 2002, do tribunal V-B designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

Na sesión celebrada o 6 de xuño de 2002, o tribunal V-B designado pola Orde do 10 de decembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 do grupo V (ordenanza, telefoniste e outros) do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) e de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria.

ACORDOU:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes para realiza-lo segundo exercicio da fase da oposición para acceso á categoría 3 do grupo V (ordenanza, telefonista e outros), en único chamamento, o día 23 de xuño de 2002, ás 11 horas na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, situada na avenida Xoán XXIII s/n en Santiago de Compostela. O exame comezará ás 12 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán vir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Para realiza-lo exer

cicio deberán levar lapis número 2 e goma de borrar (base II.2.3.).

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Ramón del Valle López

Presidente do tibunal V-B