Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, do tribunal III-A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 61 (oficial de laboratorio) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se sinala o lugar, a data e a hora para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2002, o tribunal III-A acordou que o segundo exame da

fase de oposición se realice o vindeiro día 22 de xuño de 2002, ás 16 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, sita na avenida do Burgo das Nacións en Santiago de Compostela. A apertura de portas será ás 15 horas e 15 minutos. Para a realización do exercicio os opositores deberán ir provistos de bolígrafo ou pluma estilográfica e o documento nacional de identidade, ou calquera outro que acredite a súa personalidade.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal