Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 136/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orden de 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

Número de expediente: 136/2002.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de consultorías e asistencias e de servicios.

Descrición do obxecto: servicio de reprografía do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 36, do 19 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 119.867,90 A.

5. Adxudicación.

Datas: 18 de marzo de 2002.

Contratistas:

Expediente: C.136/2002.

Lote: 1.

Adxudicatario: Hemoprens Galicia, S.L.

Importe adxudicado: 112.987,28 A.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de maio de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña