Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2002, acordou aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da parcela Algaria, sita en Bastavales. O que se fai público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ó tempo que se advirte que o texto íntegro do documento aprobado será publicado no BOP da Coruña.

Contra este acto de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer, quen se considere lexitimado, o recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do texto íntegro no BOP.

Brión, 6 de maio de 2002.

José Luis García García

Alcalde